Cremos que a música ten moitos valores que queremos potenciar en Amencer. Ademais, no noso estilo, a música e a festa desenvolven un papel fundamental como elementos propios do noso ser mozos e mozas. Tendo en conta isto, unimos distintos proxectos que xiran entorno a este elemento ao longo do curso.
Existe unha comisión que se reúne periodicamente para programar, levar a cabo e avaliar as actividades, segundo o ritmo das actividades de cada proxecto.
DESCRICIÓN: Seguindo a tradición salesiana e xuvenil, celebramos a festividade de Santa Icía, patroa da música, cunhas xornadas dedicadas á audición e interpretación de todo tipo de música.
OBXECTIVOS:
- Potenciar a música en Amencer.
- Ter un encontro no que pór en común as nosas capacidades musicais.
- Ter un momento de festa en Amencer en torno á musica.
ACTIVIDADES: Inauguración da feira, exposición musical, cacao concerto, eucaristía animada musicalmente, concursos musicais, karaoke, discoteca, ambientación de salas, xogos musicais…
CALENDARIO:
Unha fin de semana preto da festa de Santa Icía (22 de novembro).
DESCRICIÓN: Nas vacacións de Nadal(finais de decembro ou principio de xaneiro) facemos un concerto con fins solidarios no teatro do Colexio Salesiano. Ofértaselle a todos os grupos de música dos mozos e mozas de Amencer e de toda a cidade a posibilidade de participar interpretando un tema musical escollido por eles mesmos. Tamén se convida a participar aos animadores e animadoras dos outros Centros Xuvenís da Federación Don Bosco de Galicia, tanto se queren tocar como se queren asistir ao concerto.
Os días anteriores nas vacacións de Nadal, temos os ensaios e un ensaio xeral ao que asisten todas as persoas participantes.
Os cartos recadados pola venda de entradas destínanse a Proxecto Home de Galicia. Tamén se pon á venda o CD e o DVD do concerto do ano anterior para que quen queira poida facerse cunha copia do que foi o concerto o ano anterior.
OBXECTIVOS:
- Potenciar os valores educativos que ten a música.
- Traballar o valor da solidariedade en Amencer a través da música.
- Recadar fondos para Proxecto Home de Galicia.
- Dar a coñecer a Asociación Xuvenil Amencer na cidade.
- Ter un momento de goce e de encontro arredor da música.
CALENDARIO: Fanse ensaios despois da Operación Quilo. O primeiro día de ensaios hai unha reunión de todos os/as participantes para organizarnos. O día anterior ao concerto faise o ensaio xeral. O concerto é un venres ou sábado das vacacións de Nadal, no mes de decembro ou xaneiro, antes do remate das mesmas.
ACTIVIDADES: Convocatoria grupos musicais, contacto con Proxecto Home, ensaios, publicidade, Roldas de prensa, pre e post concerto, concerto, recadación solidaria…
DESCRICIÓN:A Comisión Música de Amencer organiza un Festival de Coreografía e Interpretación que leva por nome “Camiño á fama”. Esta iniciativa, aberta a toda a cidade de Ourense, ten por obxectivo ser un punto de encontro e lanzamento para todos os afeccionados ao baile e á interpretación. Os cartos recadados pola venda de entradas destínanse ao Campamento urbano de Amencer.
OBXECTIVOS:
- Dar a coñecer a Amencer a toda a cidade de Ourense.
- Potenciar e favorecer o coñecemento e convivencia de cantantes e grupos de baile de distintos lugares da nosa cidade.
- Recadar fondos para o Campamento Urbano.
- Educar nos valores da música desde a riqueza do baile e o canto.
- Gozar dun festival no que se reflicte diversidade de estilos e gustos musicais.
CALENDARIO: Un sábado do terceiro trimestre do curso.
DESCRICIÓN:
A música en Amencer está relacionada coa mocidade e a solidariedade. Desde hai anos no terceiro trimestre do curso organízanse festivais musicais en favor do Campamento Urbano que organiza Amencer.Recentemente, vencellados á Campaña de Operación Quilo, tamén se teñen organizado concertos solidarios no primeiro trimestre do curso escolar, xunto coa colaboración doutras entidades da cidade.
OBXECTIVOS:
- Potenciar os valores educativos que ten a música.
- Traballar o valor da solidariedade en Amencer a través da música.
- Ter un momento de goce e de encontro arredor da música.
- Dar a coñecer a Amencer a toda a cidade de Ourense.
- Recadar fondos para o Campamento Urbano.
CALENDARIO:no terceiro trimestre do curso escolar.
ACTIVIDADES
Festival de extraescolares
As actividades de extraescolares de guitarra e teatro acompañadas da coral Maruxía do colexio e doutra coral da cidade (normalmente De Ruada ou Coren) participan neste festival en que a música e o teatro nos axudan a ser un pouco máis solidarios.
CALENDARIO:un día de semanano terceiro trimestre do curso escolar.
Festivais proCU
Distintas entidades e academias de baile organizan o seu festival fin de curso no teatro de salesianos dando de donativo o recadado para o campamento urbano. Nos últimos anos son as academias….
CALENDARIO:un día de semanano terceiro trimestre do curso escolar.
Outros
As veces chégannos propostas de entidades que queren colaborar con Amencer ou directamente co Campamento Urbano organizando un festival. Nós cedémoslles o local e o recadado vai destinado a un proxecto solidario de Amencer.
CALENDARIO:ao longo do curso escolar.
DESCRICIÓN: En momentos puntuais do ano promovemos a participación en concertos de diverso ámbito.
OBXECTIVOS:
- Potenciar o coñecemento de Amencer fóra do noso entorno.
- Promover ás persoas que queren tocar ou cantar.
- Gozar da música actuando en diversas ocasións.
- Educarnos nos valores que ten a música.
CALENDARIO:Dependendo das actividades.
ACTIVIDADES:
Festival xuvenil da Canción Misioneira(desde o 2019 xa non se realiza)
A Delegación Diocesana de Misións organizaba cada ano o Festival infantil e xuvenil da Canción Misioneira. Cada ano un grupo de persoas de Amencer compón unha canción e participa no Festival Xuvenil.
Calendario: no mes de abril.
Cacao-Concertos na Sala Aberta
Son concertos acústicos que temos en Amencer dun xeito máis familiar e informal nos que gozamos de poder estar xuntos e cantar as cancións que queremos. O nome deriva de que tamén no encontro podemos tomar un cacao de comercio xusto mentres escoitamos e cantamos. A iniciativa tamén se abre aos grupos da cidade que gusten de participar.
Calendario: puntualmente na fin de semana e pontes escolares.
Animación musical Eucaristía parroquial
Ao estarmos vinculados á parroquia de Mª Auxiliadora de Ourense, algúns membros desta comisión animan musicalmente, sempre que lles é posible, a Eucaristía das familias e do IEF dos domingos ás 12:00h.
Calendario: domingos do curso escolar.