Home » Novas » CURSO DE MONITORES DE TEMPO LIBRE

CURSO DE MONITORES DE TEMPO LIBRE

publicado en: Novas

Un ano máis, dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre.

A maiores e de maneira online, ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia.

A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre”. Entre estas, encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO, recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986.

Todo o referente a esta titulación está descrito no decreto 50/2000 da Xunta de Galicia. O seguinte é unha síntese deste decreto.

Para facer este curso é necesario:

  • Ter máis de 18 anos no comezo do curso (axuntar fotocopia do DNI).
  • Ter o graduado escolar.

CURSO

O curso consta de dúas partes: unha fase teórica e outra práctica.

  • A fase teórica ten unha duración de 200 horas, das cales poderase faltar a un máximo de 40 horas, organizadas en 20 xornadas de 10 horas ao día, correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto, adaptado por esta ETL dentro das súas competencias.

Cada unha das materias de curso terá unha pequena actividade ou formulario con preguntas tipo test a modo de avaliación, que deberedes presentar como moi tarde un mes despois da rematada fase teórica (dende o último día que se imparta a derradeira materia). O profesorado terá un mes máis para dar o APTO/NON APTO desta fase.

  • A fase práctica terá como data tope dous anos despois dende o último día que se imparta a derradeira materia da fase teórica, neste caso o 1 de decembro de 2026. Sempre e cando a fase teórica esté APTA. Poden ser ben 150 h en actividades nunha entidade de tempo libre ou ben 14 días de actividade intensiva.

DATAS E HORARIOS:

A parte teórica do curso comezará o día 5 de outubro e rematará o 1 de decembro, en horario de de 9.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h.

  • Outubro: 5-6, 12-13, 19-20, 26-27
  • Novembro: 1-2-3, 9-10-11, 16-17, 23-24, 30
  • Decembro: 1

COTA:

O prezo do curso é de 250€, e inclúe os cursos de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre. En caso de non realizar ningún curso online, o custo total non varía.

INSCRICIÓN:

Para inscribirseserá necesario cubrir un formulario colgado na páxina web da Asociación Xuvenil AMENCER, con todos os datos e facer o pago da 1º parte do curso (50% do importe total e poderá realizarse por transferencia bancaria, tarxeta ou efectivo aquí nas oficinas).

Unha vez feito iso, debedes pasar por aquí para asinar o acordo, no que os comprometedes a cumprir as normas do centro, a asistencia, puntualidade…

O 50% restante da matrícula terase que aboar antes do ecuador do curso. No caso dalgunha dificultade á hora de pagar a matrícula, estudarase cada caso de xeito particular.

O prazo de matriculación é ata unha semana antes do comezo do curso, ou ben ata acadar o límite de 25 prazas.

O importe inclúe os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos, así como os dous cursos online non obrigatorios.

As prazas son limitadas, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non se realizan reservas.

AVALIACIÓN:

A avaliación de ambas fases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos o comezo de cada curso.

BAIXAS:

Toda notificación de baixa posterior ao prazo de inscrición do correspondente curso dá dereito á devolución dun 50% do importe de matrícula un mes previo o comezo do curso. A non asistencia a un curso significa a perda de todos os dereitos de matrícula, así como o importe da mesma.

ANULACIÓN DE CURSOS:

A Escola de Tempo Libre resérvase o dereito de anular algún curso cando o número de inscricións non sexa suficiente, a xuízo da entidade. Neste caso devolverase o importe íntegro da matrícula.

CERTIFICACIÓNS:

Ao  final de cada curso, a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco estenderá un certificado de asistencia, co número de horas indicado.

N.B. O feito de efectuar unha matrícula supón o coñecemento e aceptación destas normas.

Para calquera dúbida que teñades, por favor non dubidedes en preguntarnos:

nas oficinas, por teléfono 988.218.123, por whastapp 627.963.883 ou por correo electrónico a formacion@amencer.org